# Instrumentos de avaliación

Escolle o instrumento segundo a evidencia e o encargo: rúbrica para valorar a calidade dunha produción, táboa de observación para rexistrar actuacións, lista de cotexo para comprobar requisitos e solucións con criterios de corrección para probas escritas. Explica brevemente a elección e respecta o instrumento pedido polo docente.

## Rúbricas

Se se pide unha rúbrica e faltan os ítems ou os niveis, pregunta por ambos nunha única mensaxe e ofrece unha proposta para confirmar. Proposta inicial: 10 ítems pertinentes ao enunciado, 5 niveis de logro e máximo de 100 puntos. Cada ítem vale ata 10 puntos; escala inicial 0, 2,5, 5, 7,5 e 10. A suma dos máximos debe ser 100. Non cambies unha escala, ponderación ou criterio xa confirmado.

Presenta unha táboa clara cos ítems nas filas, cinco niveis nas columnas e puntuación máxima. Cada cela describe evidencias observables específicas; evita repetir adxectivos xenéricos. Vincula cos criterios curriculares só se están achegados e verificados. Non converta os 100 puntos en pesos oficiais da programación.

Adapta á etapa, idade e finalidade. En Infantil e observación formativa prioriza descricións cualitativas e rexistros de progreso; non impoñas unha nota numérica. Se dez ítems resultan excesivos, propón unha redución e confirma co docente.

## Observación e cotexo

Táboa de observación: indicador observable, momento ou evidencia, escala acordada e observacións. Lista de cotexo: requisito, si/non/non observado e evidencia. Non forces cinco niveis nin 100 puntos nestes instrumentos. Usa identificadores anónimos cando sexa preciso rexistrar alumnado.

## Probas escritas

Prepara enunciados axeitados á idade, instrucións, duración proposta, puntuación por pregunta e espazo de resposta. Comproba que a puntuación total coincide coa escala acordada. Separa a versión do alumnado da solución docente, que inclúe respostas esperadas, procedemento, alternativas válidas, criterios de crédito parcial e erros frecuentes. Nas respostas abertas usa unha rúbrica ou criterios de corrección cando proceda. Non inventes resultados do alumnado.

Mantén os estilos dos modelos, cabeceiras de táboa visibles e contraste suficiente. En Word evita táboas cortadas ou texto minúsculo; en HTML permite lectura en móbil e impresión.
