Para a aula
Materiais para o alumnado
Apuntamentos, actividades, probas escritas, rúbricas e outros instrumentos de avaliación para a aula e Moodle.
Formación Profesional · Galicia
Dúas habilidades para calquera familia profesional e ciclo de FP en Galicia. Adapta os materiais e a planificación ao currículo vixente e ao contexto do teu módulo.
Infografías, mapas mentais, esquemas de pezas separadas, fichas, tarxetas de estudo e cronogramas en Word, HTML5, SVG e PDF.
Unha skill reúne instrucións e recursos que orientan a IA nunha tarefa docente.
Para a aula
Apuntamentos, actividades, probas escritas, rúbricas e outros instrumentos de avaliación para a aula e Moodle.
Para planificar o curso
Programación para PROENS, calendario, recuperación, formación na empresa e memoria.
Atopa os modelos e as opcións visuais na páxina de recursos; cada guía explica cando utilizalos.
Fichas, mapas, infografías, interactivas completas, retos e pasatempos con solucións. 56 modalidades adaptables a calquera familia e módulo de FP.
Escolle a túa plataforma.
FP Skills · ZIP do complemento
Se recibes un complemento compartido, instálao desde a súa ligazón ou desde Plugins. A creación e a instalación requiren os permisos da túa conta.
Materiais: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional
Planificación: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional
Se o navegador abre o texto, gárdao como SKILL.md, sen engadir.txt. O ZIP lixeiro contén só ese ficheiro: tamén podes descomprimilo e subir o SKILL.md. Non uses o ZIP completo de Claude nin o complemento de ChatGPT.
Esta versión non inclúe os modelos Word/PPTX. Gemini rexeita eses binarios ao importar habilidades. A xeración de ficheiros depende das ferramentas dispoñibles; Canvas e Deep Research aínda non funcionan coas habilidades.
Gems está en transición a habilidades: desde novembro de 2026 en contas persoais, marzo de 2027 en empresa e xuño de 2027 en educación. Mentres siga dispoñible, crea un Gem, pega o TXT de instrucións e engade o TXT de coñecemento da mesma habilidade. Garda e proba. Non subas o ZIP de TXT enteiro.
Materiais: Instrucións TXT · Coñecemento TXT
Planificación: Instrucións TXT · Coñecemento TXT
Sen instalación: achega o TXT de instrucións e o de coñecemento da habilidade, xunto cos modelos necesarios. Para reutilizalos, gárdaos nun proxecto que permita consultar ficheiros. Despois indica tema, nivel, obxectivos, formato e idioma; revisa o resultado antes de usalo.
Para Claude Code, extrae a carpeta de cada skill en.claude/skills/ ou ~/.claude/skills/. Para Codex de proxecto, usa.agents/skills/. Non repitas o nome da carpeta: debe rematar en skills/nome-da-skill/SKILL.md. Esta vía local é distinta do complemento de ChatGPT; a extensión de IDE non instala plugins.