Formación Profesional · Galicia

Programación e seguimento

Dúas habilidades para calquera familia profesional e ciclo de FP en Galicia. Adapta os materiais e a planificación ao currículo vixente e ao contexto do teu módulo.

Recursos dispoñibles

Infografías, mapas mentais, esquemas de pezas separadas, fichas, tarxetas de estudo e cronogramas en Word, HTML5, SVG e PDF.

Que podes pedir

  • Crear a programación completa para todas as pantallas aplicables de PROENS: datos iniciais, apartados 1.1-11.1 e todas as UD e actividades. Os manuais identifican os campos; as notas de revisión entréganse á parte.
  • Revisar cobertura de RA/CA, actividades, sesións e pesos dunha programación.
  • Preparar un calendario con datos lectivos reais e cuantificar desaxustes.
  • Deseñar un plan de recuperación segundo o procedemento aplicable.
  • Preparar RA compartidos coa empresa e etiquetas confirmadas.
  • Resumir seguimento de UD, desviacións e resultados agregados para a memoria.

Como instalar

Escolle a túa plataforma.

Claude · Skills
  1. Descarga o ZIP da habilidade: materiais ou planificación. Podes instalar ambas por separado.
  2. Revisa Configuración → Capacidades e habilita execución de código e creación de ficheiros cando corresponda.
  3. Abre Personalizar → Skills → + → Crear skill → Subir unha skill.
  4. Sobe o ZIP sen descomprimir e activa a habilidade. En contas xestionadas, revisa os permisos se falta esta opción.

Materiais · ZIP skill · Planificación · ZIP skill

Axuda oficial de Claude

ChatGPT · Complemento
  1. Descarga o ZIP específico do complemento, que contén as dúas skills.
  2. Se es o autor e tes Plugin Creator dispoñible, abre unha conversa con @Plugin Creator, achega o paquete e pide crear un complemento privado conservando as súas skills e recursos.
  3. Completa o rexistro e a instalación que ofreza a túa conta.
  4. Despois de rexistralo, abre Plugins/Complementos, localiza FP Skills e instala cando se ofreza. Nun chat novo, selecciónao con @.

FP Skills · ZIP do complemento

Se recibes un complemento compartido, instálao desde a súa ligazón ou desde Plugins. A creación e a instalación requiren os permisos da túa conta.

Plugins · OpenAI · Plugin Creator · OpenAI

Gemini · Habilidades
  1. Descarga o SKILL.md de materiais ou de planificación. Cada ficheiro inclúe as súas instrucións e referencias escritas.
  2. En Gemini web, abre Personalizar → Habilidades. Segundo a versión, pode aparecer en Axustes → Habilidades.
  3. Preme Subir e selecciona o SKILL.md descargado. Revisa o nome e a descrición e preme Crear.
  4. Nunha conversa, escribe / ou @ e escolle a habilidade. Proba unha petición breve.

Materiais: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional

Planificación: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional

Se o navegador abre o texto, gárdao como SKILL.md, sen engadir.txt. O ZIP lixeiro contén só ese ficheiro: tamén podes descomprimilo e subir o SKILL.md. Non uses o ZIP completo de Claude nin o complemento de ChatGPT.

Esta versión non inclúe os modelos Word/PPTX. Gemini rexeita eses binarios ao importar habilidades. A xeración de ficheiros depende das ferramentas dispoñibles; Canvas e Deep Research aínda non funcionan coas habilidades.

Se a túa conta aínda só mostra Gems

Gems está en transición a habilidades: desde novembro de 2026 en contas persoais, marzo de 2027 en empresa e xuño de 2027 en educación. Mentres siga dispoñible, crea un Gem, pega o TXT de instrucións e engade o TXT de coñecemento da mesma habilidade. Garda e proba. Non subas o ZIP de TXT enteiro.

Materiais: Instrucións TXT · Coñecemento TXT

Planificación: Instrucións TXT · Coñecemento TXT

Axuda oficial: habilidades · Transición de Gems

Usar sen instalar

Sen instalación: achega o TXT de instrucións e o de coñecemento da habilidade, xunto cos modelos necesarios. Para reutilizalos, gárdaos nun proxecto que permita consultar ficheiros. Despois indica tema, nivel, obxectivos, formato e idioma; revisa o resultado antes de usalo.

Claude Code / Codex - Uso local avanzado

Para Claude Code, extrae a carpeta de cada skill en.claude/skills/ ou ~/.claude/skills/. Para Codex de proxecto, usa.agents/skills/. Non repitas o nome da carpeta: debe rematar en skills/nome-da-skill/SKILL.md. Esta vía local é distinta do complemento de ChatGPT; a extensión de IDE non instala plugins.

Volver ao contido

1. Prepara os datos

Achega só os documentos que precise a tarefa. Non tes que completar todas as fichas para facer unha petición sinxela.

  • Achega o currículo vixente e os datos da materia ou módulo, curso e centro.
  • Para calcular datas e sesións, engade calendario, horario e festivos locais.
  • Para revisar ou continuar un documento, adxunta a versión actual e os acordos do centro que lle afecten.

Coa habilidade instalada, achega só os teus documentos. Para comezar sen instalala, consulta Usar sen instalar.

Ver as fichas para organizar os datos

Que significan RA, CA e UD?

RA: resultados de aprendizaxe. CA: criterios de avaliación. UD: unidade didáctica. Usa os códigos do currículo que achegues.

2. Escribe a petición

Que escribir no chat

Indica módulo, grupo, tarefa, idioma, duración e formato. Substitúe os datos entre corchetes nos exemplos. Escolle unha petición e adáptaa ao que necesitas; non tes que enviar todas.

Programación e seguimento

Texto para copiar
Prepara a programación do módulo [nome e código] do ciclo [nome], para [curso escolar]. Achego o currículo, os datos do centro, o calendario, o horario e a programación anterior, se existe. Entrega todos os apartados, UD e actividades na orde de PROENS, listos para revisar e copiar. Comproba criterios, sesións e avaliación. Separa as decisións pendentes e non inventes datos.

Empresa

Texto para copiar
Prepara un borrador de programación de empresa para o módulo [nome e código] do ciclo [nome]. Usa o currículo, as fichas e os acordos de coordinación achegados. Distingue RA compartidos, actividades profesionais e etiquetas confirmadas; marca o que falta por decidir.

3. Revisa o resultado

Despois da resposta: revisar e pedir cambios

  1. Le o resultado e comproba datos, adecuación ao grupo, solucións e criterios coas túas fontes. A resposta sobre os ficheiros non proba por si soa que a IA os utilizase correctamente.
  2. Na mesma conversa escribe, por exemplo:
    Texto para copiar
    Mantén a estrutura da programación; revisa as sesións co horario que achego e sinala os cambios
    . Despois pide o ficheiro final no formato desexado. Se a ferramenta non pode crealo, utiliza o texto no modelo editable e revisa o documento antes de distribuílo.

Completar as imaxes

Se a entrega deixa unha imaxe pendente, adxunta o ficheiro e pide substituír o marcador, conservando o pé e o texto alternativo. Se o HTML usa imaxes locais, conserva tamén a carpeta de recursos.

Recursos incluídos na skill

Os modelos e referencias xa están no ZIP da habilidade. Consulta o catálogo para ver os tipos de material, formatos e recursos dispoñibles.

Ver modelos e recursos incluídos

Límites e revisión

  • Non hai conexión con PROENS, FCT ou Moodle.
  • Os documentos trasládanse manualmente por persoal autorizado.
  • Os manuais locais de PROENS son da versión 2.6.0; os campos da versión activa poden cambiar.
  • O HTML pode ser filtrado polo teu Moodle.
  • Non se garanten invocación automática nin todos os formatos en todas as plataformas.

Paletas e tipografías

Ver opcións visuais

Máis recursos e novas distribucións

Fichas, mapas, infografías, interactivas completas, retos e pasatempos con solucións. 56 modalidades adaptables a calquera familia e módulo de FP.

Explorar recursos e exemplos completos - Instalar e usar