Esquemas, gráficos e imaxes
Para pedir diagramas SVG, gráficos con datos e un plan de imaxes co seu lugar de inserción e texto alternativo.
Biblioteca de modelos · Word · HTML5 · Moodle
Escolle unha estrutura, personaliza materia, curso e cores, e conserva o modelo orixinal para reutilizalo.
ZIPO ZIP de cada habilidade contén SKILL.md, as súas referencias e os seus modelos, incluída a ficha do curso. A biblioteca de modelos agrupa os modelos das dúas habilidades, pero non instala ningunha skill nin inclúe as fontes oficiais do teu curso. As descargas individuais serven para editar un modelo ou adxuntalo a unha conversa.
Os ficheiros DOTX son os modelos editables; os DOCX inclúen un documento de mostra co mesmo deseño.
Ficheiros autocontidos para adaptar ou subir a Moodle segundo a configuración do centro.
Estrutura con táboas semánticas, acordeóns, chamadas accesibles, versión móbil e impresión.
Modelo lixeiro para fichas, apuntamentos e guías imprimibles.
Abre o Markdown para lelo ou copialo a outro documento; descarga o ZIP se queres instalalo con todos os recursos.
Instrucións da skill para planificación e documentación PROENS/XADE.
Tres bases editables, con sete diapositivas para adaptar: portada, concepto, proceso, comparación, exemplo, actividade e resumo. As imaxes e notas docentes prepáranse para cada tema.
Completa materia, nivel, fontes, horario, calendario e unidades unha vez, e adxunta a ficha ao proxecto ou ao chat. Sen datos do alumnado.
Estes modelos xa están no ZIP da habilidade correspondente. Markdown pódese editar como texto; CSV ábrese nunha folla de cálculo. Son estruturas para completar cos teus datos, non documentos dun curso xa rematados.
Estas guías internas xa están incluídas no ZIP da habilidade correspondente. Se está instalada, non tes que adxuntalas outra vez. Nun chat ou proxecto sen instalación, engade SKILL.md e as referencias que precise a tarefa. Están escritas en galego; podes pedir resultados en galego ou castelán. MD é un ficheiro de texto que podes abrir para consultar as instrucións.
Para pedir diagramas SVG, gráficos con datos e un plan de imaxes co seu lugar de inserción e texto alternativo.
Para preparar o guión, as diapositivas, as notas docentes e a revisión dun PowerPoint adaptado á etapa.
Para escoller entre Páxina, Libro, Ficheiro ou banco de preguntas e preparar tarefas e leccións para Moodle 4.5 ou superior.
Para organizar un reto, a secuencia de actividades, o produto final, os apoios e as evidencias de aprendizaxe.
Para preparar rúbricas, táboas de observación, listas de cotexo e probas escritas coas solucións docentes separadas.
Para pedir avaliación inicial, autoavaliación, coavaliación, comentarios de avaliación e materiais de reforzo ou ampliación.
Para empregar os modelos de concreción curricular, cobertura, secuencia de aula, seguimento e reforzo cos datos do teu curso.
Para preparar secuencias por grupo, rexistrar o seguimento, propoñer adaptacións e redactar a memoria con datos achegados.
Para revisar os apartados, a cobertura curricular e a coherencia dos documentos antes do traslado manual a PROENS.
Para actualizar unha programación existente, contrastar as fontes e sinalar cambios ou decisións pendentes de confirmar.
DOCX é editable e suficiente para traballar coa habilidade. DOTX é opcional: abre unha copia nova como modelo de Word.
Para apuntamentos, anexos e guías de gran extensión, a skill preguntará se prefires o índice na parte superior, lateral despregable ou sen índice. Valora a extensión e a necesidade de navegar entre apartados; non pregunta en documentos breves nin repite unha preferencia xa indicada. Nun lote, podes escoller unha opción común.
O lateral ábrese e péchase, adáptase ao móbil e permite navegar co teclado. Sen JavaScript, o índice segue dispoñible na parte superior. O modelo inclúe unha demostración para probar as tres opcións; o selector de demostración retírase do material final.
Probar as opcións no modelo HTML
Exemplo: «Crea apuntamentos HTML5 extensos sobre o ciclo da auga para 5º de Primaria, con índice lateral despregable».
14 composicións, 64 atallos e 4 modos de estudo. Modelos animados, matrices e tarxetas en castelán e galego.
Fichas graduadas, mapas, infografías, interactivas completas, situacións de aprendizaxe e pasatempos con solucións.
Escolle a túa plataforma.
EDU Skills · ZIP do complemento
Se recibes un complemento compartido, instálao desde a súa ligazón ou desde Plugins. A creación e a instalación requiren os permisos da túa conta.
Materiais: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional
Planificación: Descargar SKILL.md · ZIP lixeiro opcional
Se o navegador abre o texto, gárdao como SKILL.md, sen engadir.txt. O ZIP lixeiro contén só ese ficheiro: tamén podes descomprimilo e subir o SKILL.md. Non uses o ZIP completo de Claude nin o complemento de ChatGPT.
Esta versión non inclúe os modelos Word/PPTX. Gemini rexeita eses binarios ao importar habilidades. A xeración de ficheiros depende das ferramentas dispoñibles; Canvas e Deep Research aínda non funcionan coas habilidades.
Gems está en transición a habilidades: desde novembro de 2026 en contas persoais, marzo de 2027 en empresa e xuño de 2027 en educación. Mentres siga dispoñible, crea un Gem, pega o TXT de instrucións e engade o TXT de coñecemento da mesma habilidade. Garda e proba. Non subas o ZIP de TXT enteiro.
Materiais: Instrucións TXT · Coñecemento TXT
Planificación: Instrucións TXT · Coñecemento TXT
Sen instalación: achega o TXT de instrucións e o de coñecemento da habilidade, xunto cos modelos necesarios. Para reutilizalos, gárdaos nun proxecto que permita consultar ficheiros. Despois indica tema, nivel, obxectivos, formato e idioma; revisa o resultado antes de usalo.
Para Claude Code, extrae a carpeta de cada skill en.claude/skills/ ou ~/.claude/skills/. Para Codex de proxecto, usa.agents/skills/. Non repitas o nome da carpeta: debe rematar en skills/nome-da-skill/SKILL.md. Esta vía local é distinta do complemento de ChatGPT; a extensión de IDE non instala plugins.